Foz, 19 de agosto, 2022. Andreas Prittwitz transcendeu co seu barroco do século XXI este xoves 18 de agosto en Leira Goleta de Foz ante 200 espectadores, que esgotaron as localidades para escoitalo en vivo. O recoñecido multiinstrumentista alemán afincado en España actuou por primeira vez no ‘Festival Bal y Gay’ co seu particular e conmmovedora visión da música barroca, na que combina instrumentos antigos con instrumentos modernos, jazz e improvisación. Deste xeito, o seu quinteto interpretou obras de Attaignant, Sanz, Simpson, Ravenscroft, Frescobaldi, Bach, Veracini, Corbetta e Monteverdi.
O ‘Festival Bal y Gay’ continuará este venres 19 co último dos seus concertos extraordinarios, a actuación gratuíta de Skirion en Vilanova de Lourenzá (20:30 horas). O talentoso cuarteto galego de saxofones formado por Alejandro Cimadevila (saxo soprano), Jorge García (saxo alto), Alberto G. Noguerol (saxo tenor) e Marcos Mariño (saxo barítono) presentará un espectáculo sonoro para reflectir a evolución natural do cuarteto de saxofones desde os postremeiros anos do século XX, da man dos compositores Michael Nyman (Songs For Tony) e David Maslanka (Mountain Roads), ata o novo milenio con Guillermo Lago (Cidades)