Viveiro, 2 de agosto de 2022. A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, visitaron esta mañá a escola infantil municipal.
Na súa visita, escoitaron as propostas da comunidade educativa do centro e da súa directora, Vanesa Martínez Luaces, pensando xa no curso 2022/23.
“Para nós, o ensino de cero a tres anos é unha prioridade, xa que favorece a conciliación da vida familiar e laboral”, asegura a alcaldesa.
“Queremos mellorar o funcionamento das instalacións, escoitando para iso as propostas da dirección”, engade.