Foz, 26 de xullo, 2022. Os usuarios dos portos teñen unha serie de obrigas, especialmente ao respecto da velocidade, tanto no entorno do espigón como na dársena. Asistimos ano tras ano a flagrantes incumprimentos da normativa portuaria especialmente de embarcacións de recreo non habituais nos nosos portos que con frecuencia exceden os límites poñendo en claro perigo a outras embarcacións. Mais tamén a bañistas no caso do Porto de Foz, dada a proximidade a áreas de baño.
Por riba as embarcacións que incumpren os límites, afectan con frecuencia aos espazos protexidos no interior da Ría. O esteiro, na teoría, está protexido por dúas figuras de protección no marco da Rede Natura 2000 da Unión Europea: Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Ría de Foz e Zona de Especial Conservación (ZEC) Ría de Foz-Masma onde estas actividades están limitadas e deben ser reguladas, con vixilancia e supervisión do cumprimento das normativas ambientais e das actividades non autorizadas.
Por todo o BNG de Foz propón ao pleno instar a Portos de Galiza á vixiancia activa e efectiva do cumprimento da normativa especialmente no que ten a ver coa velocidade das embarcacións. Propón tamén instar á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a vixiancia e cumprimento das normativas de protección ambientais na ZEPA e ZEC da Ría de Foz, e a debida supervisión en actividades non autorizadas para evitar as molestias observadas.