A iniciativa, dirixida ás crianzas de entre 3 e 12 anos, cubre todas as vacacións escolares, ata o 7 de setembro “co obxectivo de facilitar o máximo posible a conciliación das familias”, precisa o rexedor Alfonso Villares
Cervo, xullo de 2022. O Concello de Cervo ten en marcha unha nova edición de “Cervo Concilia”, na que participan 125 nenos e nenas.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, que coordina o programa municipal, mantiveron un encontro con todas/as as crianzas e co persoal docente que se encarga de impartir as clases e as actividades, que forman 10 monitores/as e 6 persoas voluntarias.
Villares destacou o esforzo que se fai desde administración local para poder dar cobertura ao 100% das crianzas, para tratar de colaborar en todo canto está na nosa man coas familias e súa conciliciación nesta época de descanso escolar.
Estamos a falar dunha edición de récord –con 125 inscritos/as- o que require dunha loxística e dunha organización previa importante “para poder ofertar un servizo integral e de calidade para as familias, que logramos extender ata o 7 de setembro, “cubrindo o total das vacacións escolares”.
Caramés avanzou algunhas das actividades que englobara “Cervo Concilia”, que volverá contar cun completo abano de propostas lúdico, culturais e educativas “pensadas para entreter ás crianzas, sen deixar de lado a aprendizaxe”. Así, haberá talleres de teatro, rutas de sendeirismo, actividades acuáticas, diferentes obradoiros, moito deporte; unha ampla variedade de actividades multidisciplinares “para gozar e aprender en grupo nesta época de lecer”.