Asegurou que “erran no diagnóstico da situación do noso rural, o que lles fai difícil acertar no tratamento dos seus problemas”
Santiago, 12 de xullo de 2022. A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, demandou hoxe ao BNG que “abandone o seu empeño en presentar a Galicia como o territorio do candil e a lareira” e asegurou que “erran no diagnóstico da situación que vive o noso rural, o que lles vai difícil acertar no tratamento necesario para abordar os seus problemas”.
Elena Candia lamentou que o BNG defina ao rural galego como “ancorado no autoconsumo, en onde gobernos alleos non souberon ver a necesidade de por cartos e bondades para facer de Galicia un país moderno e puxante”. Porén, asegurou que “hoxe Galicia é unha terra moderna e puxante, na que os galegos do sector primario traballan cada día para deixarlle aos seus descendentes un país moderno e puxante”.
“Desde o PPdeG defendemos que Galicia neste momento é un exemplo en moitas cousas”, subliñou a portavoz popular, quen se referiu en concreto “ás denominacións de orixe, ás identificacións xeográficas protexidas, as empresas agrarias ou aos produtos que destacan a nivel mundial pola súa extraordinaria calidade e pola gran profesionalidade dos nosos agricultores e gandeiros”.
Candia afirmou que “entendemos que en Galicia hai sitio para todos os sectores agrarios: agrícola, gandeiro e forestal”, e sinalou que “se queren escoitar que vamos a acabar co sector forestal en Galicia, lamento decepcionalo porque temos que conseguir a convivencia dos tres sectores produtivos”.