Nota de Prensa
IVÁN MARRUBE PON EN MARCHA UN BLOG PARA ANALIZAR A ACTUALIDADE DO CONCELLO DE ALFOZ E PARA QUE OS VECIÑOS LLE FAGAN CHEGAR AS SÚAS PROPOSTAS.
Alfoz, 8 de novembro de 2008. O voceiro do BNG en Alfoz, Iván Marrube, acaba de poñer en marcha un blog para analizar a actualidade do Concello de Alfoz <aí opinarei sobre todos os asuntos de interés do noso municipio e sobre os demais temas de interés e actualidade, sobre as cuestións que lle preocupen aos nosos veciños. No blog os veciños tamén poderán facerme chegar as súas propostas, denuncias, inquedanzas e eu poderei atendelas e respondelas diariamente>.
Marrube engade que o blog <nace como unha forma de interlocución cos veciños e as cousas que nos afectan, tamén así poderemos achegar directamente e de forma cotía a postura que mantemos en referencia a diferentes temas que nos atendan. Cabe señalar como carectarística máis importante o feito de considerar o blog como ferramente de intelocución cos veciños xa que poderán manifestarse activamente no mesmo participar en enquisas, etc, etc>.
O responsable do BNG en Alfoz asegura que <eu mesmo coñecerei diariamente a opinión dos veciños en referencia a moitos temas o cal me axudará na labor como concelleiro e na eficiencia do meu traballo como tal>.
A dirección do blog é www.man-esquerda.blogspot.com
Os primeiros artigos de opinión que publica Iván Marrube analizan a crise económica que está a sofrir o país e o futuro polígono industrial de Alfoz e Valadouro <que será unha realidade grazas ao traballo desenvolvido nos últimos anos polo BNG>. A primeira enquisa na que poden participan os que se acheguen a este blog é sobre si se deben unificar os Concellos de Alfoz e Valadouro.