Burela, 1 de xullo de 2022. Onte, día 30 de xuño, Wanderson, Quintela e Álex Díz finalizaron contrato co clube e non seguirán a tempada que vén.
Os que defenderon a camiseta laranxa cos dorsais 21, 22 e 23 deixan o equipo tras dedicar cada minuto en beneficio do clube.
A pesar dos resultados negativos, estes xogadores estiveron ata o final dando o máximo nesta última tempada na que estiveron no equipo.
Desde o club desexámoslles o mellor no seu futuro profesional, e agradecémoslles todo o sacrificio e traballo que achegaron ao conxunto laranxa.