Trátase dunha iniciativa que viñan realizando con carácter regular antes da pandemia, e que se viu suspendida nestes dous anos por este motivo. Esta viaxe, é o punto de partida que confirma o regreso desta asociación tan importante para o Concello de Cervo, que contribúe ao dinamismo do pobo, grazas ás múltiples iniciativas que programan ao longo de todo o ano e que tanto botabamos de menos.