Foz, 27 de xuño de 2022. Con motivo da conmemoración polo nacemento do movemento social e reivindicativo do colectivo LGTBI, o Concello de Foz volve engalanar os seus edificios municipais coas cores da bandeira arco iris. Tamén estarán na área de xogos infantís do novo parque que se constrúe na rúa Uxío Novoneyra.
O goberno municipal focego explica: “o noso Concello súmase a esta conmemoración desde este martes, día 28, ata o 5 de xullo, período no estarán visibles as bandeiras arco iris, como apoio o colectivo LGTBI, sumándonos as súas reivindicacións polos dereitos deste movemento. Rexeitamos calquera discriminación por motivos de orientación sexual ou de identidade de xénero e contribuímos así a visibilización destas persoas no noso pobo, avanzando como sociedade pola loita dos dereitos máis fundamentais deste colectivo LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais) cara a unha igualdade respectuosa e afectiva entre a cidadanía. Por todo isto Foz súmase o orgullo e tínguese coas cores da bandeira arco iris do 28 de xuño ao 5 de xullo”.
Ademais anuncian que “a esta homenaxe sumarase dentro dunhas semanas o recoñecemento á diversidade sexual a través da bandeira do orgullo que quedará reflectida no valado da área de xogos infantís do novo parque que se está construíndo na rúa Uxío Novoneyra”.