Os populares rexistraron unha solicitude formal e esperan que o bigoberno aclare debidamente a participación telemática da deputada Freire
Lugo, 01 de xuño de 2022. Na sesión plenaria celebrada presencialmente pola corporación provincial o pasado martes, a deputada Mónica Freire Rancaño (BNG) participou telematicamente. O portavoz do PP, Javier Castiñeira, anuncia que “o grupo provincial do PP vén de presentar un escrito dirixido á presidencia da Deputación de Lugo para que nos aclare cales foron as circunstancias polas que se permitiu á deputada nacionalista Mónica Freire Rancaño participar na sesión de forma telemática e non presencial”.
Os populares queren saber en función de que disposición ou normativa e en que condicións se prevé a posibilidade de que algún deputado poida intervir e votar telematicamente en sesións presenciais.