Este sábado 28, estará no restaurante O Filón, en Vieiro, a partires das 12h da mañá para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas ou queixas que as veciñas e veciños queiran trasladar ao BNG e á concelleira Míriam Bermúdez. Cos encontros Cóntallo ti, cos que xa levan anos visitando as parroquias do concello, poténciase a voz da veciñanza trasladando e defendendo as súas demandas no pleno municipal.
“Cóntallo ti” a Míriam Bermúdez en Vieiro
“Cóntallo ti” a Míriam Bermúdez en Vieiro
Relacionado
-
Loureiro destaca “a capacidade do Porto de Celeiro para facer fronte aos problemas e os cambios do sector pesqueiro”
-
Villares defende en Viveiro maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co reino unido debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega
-
Viveiro reclama á Xunta “que non recorte o Espazo Xove e restaure o servizo de animación sociocultural”