RIBADEO .- A produción de leite ecolóxico é sostible e rendible en Galicia. Así se ten constatado no curso da Universidade de Verán da USC denominado Deseño de agroecosistemas sostibles que se ven celebrando en Ribadeo. No programa do mesmo téñense visitado e analizado diversas fincas polos participantes, que teñen deseñado indicadores de sostibilidade.
O mesmo celébrase en Ribadeo -casa do Mar- e no CFEA “Pedro Murias” – Consellería de Medio Rural. O curso conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Consellería do Medio Rural, CETAL, SEAE e SOGA.
No enfoque agroecolóxico a produción de alimentos cómpre que integra aspectos de orde económico, social e ambiental. Neste curso, mediante o emprego de indicadores de sustentabilidade, pretendese amosar a tendencia cara á sustentabilidade de diversas fincas e diversas experiencias de produción en ecolóxico que sirvan para deseñar modelos produtivos sustentables. Tense visitado a finca hortícola “As Fadegas” e outra finca de gando vacún de leite no occidente asturiano. Constatouse a importancia, nestas dúas fincas, de integrar os criterios antes citados para obter produción economicamente satisfactorias e que comporten, asemade, maior calidade de vida para os produtores -aspecto moi valorado polos agricultores e gandeiros visitados-.