A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, sumouse á reivindicación do papel da muller no arte, con figuras como a universal artista vivairense Maruja Mallo, que “aínda hoxe constitúe un exemplo para todas as mozas e mulleres”, segundo sinalou. A subdelegada acompañou á alcaldesa María Loureiro e á exvicepresidenta do Goberno e actual presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso dos deputados, Carmen Calvo, que foi a encargada de clausurar, esta mañá, o ciclo de conferencias “Maruja Mallo, Viveiro e a vangarda do século XX”.
Isabel Rodríguez participa en Viveiro na clausura do ciclo de Maruja Mallo
Isabel Rodríguez participa en Viveiro na clausura do ciclo de Maruja Mallo
Relacionado
-
Loureiro destaca “a capacidade do Porto de Celeiro para facer fronte aos problemas e os cambios do sector pesqueiro”
-
Villares defende en Viveiro maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co reino unido debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega
-
Viveiro reclama á Xunta “que non recorte o Espazo Xove e restaure o servizo de animación sociocultural”