NOTA DE PRENSA:
Os deputados provinciais populares pola Mariña, aludindo ás afirmacións de Méndez, afirman que a Deputación débelle á comarca 28 millóns de euros
* González Barcia: “50 quilómetros de estradas arregladas. E os outros 750, como están?”
Lugo, a 23 de xullo de 2010.- Os deputados provinciais do Partido Popular pola Mariña afirmaron hoxe a través dunha nota de prensa que a Deputación bipartita débelle á comarca, basándose nos datos aportados onte pola vicepresidenta segunda da institución, un total de 28 millóns de euros. “Uns 28 millóns de euros que se deixaron de investir durante os pasados tres anos pola falla de compromiso de José Ramón Gómez Besteiro e de Antón Bao, pero tamén de Lara Méndez, Melchor Roel, e Antonio Veiga”, explicaron.
O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, foi rotundo: “xa sabíamos que Lara Méndez politícamente pinta pouco, de feito puxéronlle a alguén no Inludes para controlar o que fai alí; agora ademais sabemos que se apunta ó carro de tentar enganar ós cidadáns manipulando as cifras de investimento”.
Os datos, segundo Barcia, son claros: en tres anos, 2008, 2009, e 2010, os orzamentos da Deputación no capítulo de investimentos reais e transferencias de capital presupostou 191.171.100,97euros. “Se Lara Méndez di que a Deputación investiu 20 millóns en tres anos, eso aínda non supón o 10,5 por cento do investimento total. En función do número de habitantes e superficie, deberían adicarse á Mariña prácticamente o 25 por cento, o que suporía 47.792.750 euros. Polo tanto”, conclúe, “fáltannos prácticamente 28 millóns de euros, e queremos saber onde están, ou onde se investiron”.
O voceiro adxunto dos populares na Deputación calificou asimesmo de “impresentables” as afirmacións sobre os arreglos en estradas da rede viaria provincial e que coas súas declaración pretende tapar a falla de mantemento e de conservación da rede viaria provincial.
Barcia foi contundente: “na Mariña hai aproximadamente 800 quilómetros de rede viaria provincial; se só actuaron en 50, que fixeron nos outros 750 quilómetros? A resposta é nada, porque estradas novas non abriron ninguna, nin sequera foron capaces a arrancar os accesos ó parque empresarial de Ourol”.
Por riba, segundo engadiu, todos e cada un dos proxectos que menciona a deputada socialista veñen da etapa de goberno provincia do PP, polo conviduo a Méndez e ós seus compañeiros a “programar actuacións e executalas”.
“Resulta triste que Lara Méndez, usando coche oficial pagado con cartos de todos os lucenses, pasando prácticamente todos os días na Mariña, porque incluso vai pouco pola Deputación e falta a bastantes xuntas de goberno, sexa incapaz de ver a realidade, da que o único que se desprende é o desinterese e a desidia que amosan ela, Roel e Veiga e a Deputación bipartita en conxunto, por contribuir ó desenvolvemento da Mariña”.