Ribadeo, 12 de maio de 2022. A Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy informa que este venres, día 13, inaugúrase a exposición A Bretaña que hai en nós, As cruces de pedra na Bretaña, de Castelao.
Esta exposición ideouse no marco do irmanamento das localidades de Loktudi e Ribadeo, e das visitas que anualmente se facían antes da pandemia. Os paneis foron cedidos desinteresadamente pola Asociación Cultural Vagalumes da Estrada, e son unha composición de fotografía e dos debuxos que Castelao realizou dos cruceiros e calvarios da Bretaña.
No acto de inauguración contarase coa presenza do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, co Presidente da asociación Vagalume, Xoán Carlos Garrido e coa presidenta da Asociación de Irmandade de Loktudi, Nadine Chaminand. A cantora Ugia Pedreira e o músico Pierre Yves Rougier, veciños da Mariña, mais con forte ligazón con Loktudy, porán a nota musical ao acto.
A exposición estará aberta até o 30 de maio, e será inaugurada mañá, dia 13, ás 19h30, na Sala de Turismo de Ribadeo.