Lugo, 8 de maio de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, felicita ás xogadoras e directiva do clube de fútbol sala feminino Pescados Rubén Burela Fútbol Sala pola obtención, hoxe, da súa quinta Copa da Raíña.
Isabel Rodríguez expresou a súa ledicia pola merecida vitora das xogadoras do equipo burelán e manifestou que “este novo trunfo é froito do voso gran espirito de loita e afán de superación”.
A subdelegada tamén puxo de manifesto que as xogadoras do clube mariñán son “un orgullo para toda a provincia e unha gran inspiración para todas as mozas e mulleres dentro e fóra do mundo deportivo”.