Burela, 3 de maio, 2022. Chega o final do camiño nesta edición da Copa Galicia para o Pescados Rubén, tras perder na volta de semifinal contra o Noia nos penaltis. Os mariñáns, enfrontábanse a un partido difícil cun rival potentísimo, que militará o ano que vén en primeira división. Tiñan que remontar un resultado de 5-3 de IDA e non o conseguiron.
Partido que empezaba coa intensidade que lle merece a esta fase da competición de Copa Galicia. O Burela con moito atrevemento ía ter a primeira ocasión do partido os segundos iniciais por mediación de Iago Míguez, que disparou pero detivo Henrique. Seguidamente, nun contragolpe espectacular, Pazos despois de regatear a dous rivais ten outra ocasión clarísima na que volva intervir milagrosamente o meta rival. O Noia contestaba con boas xogadas e nunha Kaluza salvou o empate.
O Burela no primeiros cinco minutos estaba máis activo en ataque e chegou o gol inicial de D. Quintela que poñía o 1-0 tras ter varias oportunidades. A partir de aquí o partido ía estar igualado durante moito tempo, con ocasións dos dous equipos pero o que a tivo máis clara foi o Noia cun disparo ao poste. Con todo, chegado o minuto 16 Iago Míguez pon o 2-0 tras aproveitar un rexeite na área proveniente dun disparo afastado dos laranxas. Nos últimos minutos da primeira parte, os locais ían ter oportunidades clarísimas para aumentar a súa vantaxe pero non ía suceder. Chegaría o descanso con vantaxe do Burela con 2-0.
Foi pitar o inicio da segunda parte e o Noia tras unha xenial xogada ensaiada recorta e marcador a través de Altamirano 2-1. Os visitantes parecían máis confiados en ataque durante este inicio, pero os laranxas ían ter dúas ocasións para aumentar a vantaxe pero que moi ben desvía Henrique. Os mariñáns apertaban moito, e tras un saque de córner que asiste a Isma, este con un zapatazo á escadra desde 25 metros logra poñer o 3-1 no minuto 24.
Co global de 6-6 na eliminatoria, o partido a partir de agora ía basearse en ambos os equipos loitando por chegar a final, con todo parecía que os laranxas estaban a arriscar máis. O partido estaba en máxima tensión, e o Noia nesta parte de encontro ía avisar cun disparo ao pau no minuto 32.
Coa eliminatoria igualada non arriscaba ningún equipo porque sabían que en calquera xogada podían botar a perder a fase. Ía acabar o partido co global 6-6 e todo para decidirse nos penaltis. Sobre isto, o Noia estivo moito máis acertado, anotando o Burela só un dos que tirou. Con isto acabouse a quenda a favor do Noia 1-3 e o partido
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Kaluza, Isma, Iago Míguez, David Pazos, Quintela –cinco inicial- Lucho, Alex Diz, Pitero, Wanderson, Renato , Shunta e Edu
Noia Portus Apostoli FS: Henrique ( p), Edu Jabá, Marcelo, Altamirano e Joaki. Tamén xogaron Marcos Ferreyra ( p), Power, Javi Rangel, Bruno Gomes, Chus e Nil
Goles: 1-0 Quintela min 4; 2-0 Iago Míguez 16; 2-1 Altamirano min 21; 3-1 Isma Min 24;
Árbitros: AMOR VIZOSO, ROBERTO SEGUNDO. Tarxeta amarela a Marcelo
Incidencias: Partido correspondente á volta de semifinal da Copa Galicia Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.