Realizarase os sábados de maio de 17 a 20h na Aula Omix da Casa da Cultura. De xeito totalmente gratuíto, levarase a cabo unha actividade de reciclado e reutilización de roupa para darlle “unha nova vida”, co fin de evitar que se convirta en residuo, porque con imaxinación e unhas pautas básicas de costura podemos crear novas prendas. O primeiro paso para reducir o volume de residuos e evitar que se xeren, por iso no caso do téxtil, ademais de fomentar o consumo responsable e a reflexión antes de comprar máis do que precisamos traballarase na xestión responsable coa reutilización e tamén coa posta en valor dos contedores específicos para roupa e calzado cos que conta Alfoz a través da Mancomunidade da Mariña.
Obradoiro de reciclado de roupa en Alfoz
Obradoiro de reciclado de roupa en Alfoz
Relacionado
-
A Valedora do Pobo dá a razón ás demandas da ANPA do CEIP Castro de Ouro de Alfoz
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros