A Garda Civil detivo no termo municipal de Barreiros a un veciño de Foz, de 36 anos de idade como suposto autor dun delito contra a saúde pública-tráfico de drogas. A persoa detida foi identificada na estrada LU-150, á altura do pk 0,100, cando conducía un turismo, en cuxo interior portaba unha bolsa con 2,500 kgs de suposta marihuana e material para o seu óptimo tratamento. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.