Viveiro, 28 de abril de 2022. O Concello de Viveiro informa que no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 95, de data 27 de abril de 2022, publicouse o anuncio polo que se inicia o proceso e se establecen as normas para a cobertura temporal da praza de oficial/a primeiro/a mecánico/a soldador/a do Concello de Viveiro.
Este proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición, de carácter aberto, e as súas bases e anexos poden consultarse na páxina web do Concello de Viveiro (www.viveiro.es), no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro e no taboleiro de anuncios dixital.
O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria.