Burela, 27 de abril, 2022. Hoxe pódese dicir que en Vista Alegre uniuse outra guerreira, e das duras. Máis nada que Vanessa Ares, focense, tricampioa galega de Kick boxing e medalla de bronce no campionato de España na categoría de menos de 60 quilos. Aínda que pareza que o seu traballo é moi diferente, as laranxas golpean en cada xornada aos seus rivais na cancha a base de goles, e Vanessa faio no ring mediante golpes.
Vanessa e Pescados Rubén Burela veñen representando ao deporte feminino da comarca nos seus respectivos deportes. E non o representan de maneira calquera, pois son a categoría máxima de futbol sala e Kick Boxing. Ambas as entidades significan moito para o deporte mariñán, xa que están a conseguir todos os logros deportivos posibles.
A tricampioa non chegou onde está por casualidade. Foise abrindo paso por este arduo deporte sen apenas axuda, con moitas dificultades para empezar, e compatibilizando a súa vida privada, xa que é nai de dous fillos. O kick boxing é un deporte que require moito sacrificio en múltiples aspectos e é moi meritorio que unha persoa da nosa comarca, coa súa loita estea a chegar tan lonxe a pesar do duro camiño que tivo que percorrer, con adversidades de todo tipo.
A visita de Vanessa a Vista Alegre é con motivo a compartir as súas experiencias neste deporte, desde os seus complicados inicios ata todos os sacrificios que ten que facer para chegar todo o máis alto. Vanessa ofreceu o seu experto punto de vista sobre cuestións acerca de importancia da dieta e o control do peso, xa que se te pasas un gramo non podes pelexar, tamén mostrou ás xogadoras a importancia do factor mental no seu deporte, pois segundo palabras de Vanessa, é o 90% do éxito.
Vanessa a parte de competir ao máis alto nivel ten un club de Kick Boxing Ari Foz Contact, o cal proximamente organizará unha importante velada. Tanto as xogadoras como o Club, apoian a Vanessa para que siga arroiando aos seus rivais e sumando éxitos.
Desde o club é moi importante amparar este tipo de deportistas que reflicten a máis alta categoría do deporte feminino de non só a Mariña, senón transcendendo a ámbito nacional e así desexamos que logren os seus obxectivos a nivel profesional chegando ao cume do deporte