Poderanse escoitar as súas historias e mostrará á cativada a súa arte como ilustrador, dando vida cos debuxos ás persoaxes e situacións dos seus libros. Trátase dunha magnífica oportunidade para que a xente máis pequena da casa escoite e coñeza de primeira man a un autor deses libros que fan as súas delicias.