Lugo, 2 de abril de 2022. Os deputados no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro e o senador César Mogo valoraron hoxe o Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína, que mobilizará un volume de recursos públicos de 16.000 millóns de euros en toda España.
Sinalaron que o Goberno de Pedro Sánchez, ante esta grave situación “actúa con responsabilidade, empatía e determinación e ofrecendo unha resposta coordinada a nivel europeo baseada na unidade, a determinación e a solidariedade”. O Plan prevé mobilizar 16.000 millóns de euros de recursos públicos, 6.000 millóns deles en axudas directas e reducións fiscais, e 10.000 a través dunha nova liña de garantías xestionada a través do ICO. Son medidas coas que se protexerá aos sectores e cidadáns máis afectados.
Cinco eixos
Son cinco os eixos nos que traballou o Executivo de Pedro Sánchez, tras dialogar con outras formacións, comunidades autónomas e axentes sociais. O primeiro inclúe medidas de axuda ás familias, traballadores, desprazados e axuda humanitaria. Un segundo paquete de medidas dirixirase ao tecido económico e empresarial. A iso hai que engadir as medidas de transporte acordadas co sector. Finalmente, un cuarto eixe terá como obxectivo incrementar a ciberseguridade no país, mentres que o quinto despregará medidas para rebaixar o prezo final da electricidade para fogares e empresas.
Un goberno progresista que mira de fronte
O Deputado no Congreso, Javier Cerqueiro, explicou que mentres o Goberno de Pedro Sánchez aproba o segundo escudo social na difícil conxuntura económica que nos esta tocando vivir, “a única receita do PP e Vox é a baixada de impostos e un modelo liberalizador e privatizador de servizos que xa esta aplicando nas comunidades onde goberna, tamén en Galicia”, criticou.
Cerqueiro explica que este Plan “si que recolle rebaixas impositivas aos impostos da enerxía creados polos gobernos do PP de Mariano Rajoy. Como por exemplo o 7% do imposto do valor da enerxía eléctrica que se converte nun cero, o imposto especial do 5.11% sitúase agora nun mínimo dun 0.5%, tamén desaparece o imposto do sol, así como o IVE da luz que dun 21% pasa a un 10%”. Ademais aludiu ao acordo entre España e Portugal para acadar un precio de referencia sobre o gas “e que vai a contribuír de xeito decidido a frear a inflación”. “O Goberno de Sánchez traballa con seriedade e rigor a pesar de que a oposición diga o contrario”, replicou.
A Deputada no Congreso, Ana Prieto, dixo que a través deste Plan de recuperación “o Goberno de España cumpre poñendo en marcha este paquete de medidas excepcional”, ademais de salientar “o acordo, xunto con Portugal, no prezo de gas evitando a súa translación ao prezo da electricidade”.
Ana Prieto argumentou “temos a obriga de protexer a Ucraína parando os pés a Putín e blindando as nosas sociedades a escala global, europea e nacional”. E proseguiu “a unidade de Europa e o noso vinculo transatlántico, e hoxe é imprescindible e necesario, e por iso, o Goberno de España estase desvivindo por aplacar os efectos da guerra na nosa poboación, especialmente nas familias máis vulnerables”. “Estamos orgullosos de ser europeos, unha comunidade que se fundamenta nos valores da liberdade e da xustiza, ese é non outro é o verdadeiro patriotismo europeo”, dixo.
O senador Cesar Mogo, remarcou que “nun momento de cambios e incertidumes como o que nos esta tocando vivir un goberno ten que ter dúas condicións: a primeira a de traballar pola recuperación pensando en tódolos cidadáns, e a segunda, facer fronte a crise e non mirar cara outro lado”. Explicou que trala invasión Ucraína por parte de Rusia “tivo consecuencias económicas como a subida das enerxías e combustibles”, así como “unha inflación moi importante”.
Por todo iso e diante deste panorama “o goberno de Pedro Sánchez actúa, e un mes máis tarde xa ten en marcha un plan de recuperación para as familias, para os traballadores, para as empresas e tamén facer fronte as ataques en ciberseguridade que poñen en risco as nosas redes. En definitiva, un goberno progresista que mira de fronte e tenta solventar os problemas dos cidadáns”.
Axudas para combustible, ERTES, sector agrograndeiro, pesca, ..
Trala aprobación deste Real Decreto no pasado Consello de Ministro, os condutores e condutoras galegos beneficiarse da bonificación dun mínimo de 20 céntimos de litro de combustible ata o 30 de xuño. Ademais, a produción primaria beneficiarase tamén do desconto por litro de carburante. Os pescadores e agricultores galegos aforrarán 18 millóns de euros de forma estimada mentres estea vixente esta medida.
Outro sector tamén afectado como é do sector do transporte, recibirá unha inxección de 1.000 millóns de euros acordada coas principais asociacións do sector. 450 millóns de euros a outorgar axudas directas a empresas do transporte, tanto de mercadorías como de pasaxeiros.
Amplíase o número de beneficiarios do Bono Social Eléctrico, e seguindo no eido social revalorizase un 15% a contía do Ingreso Mínimo Vital. No ámbito laboral o Goberno impulsa accións para protexer o emprego, evitando o despedimento e favorecendo medidas de flexibilización como os ERTE.
No que se refire ao sector agrogandeiro e pesqueiro conta cun apartado específico incluído dentro deste Plan, un sector clave para a economía galega e para a provincia de Lugo. “O Goberno habilitou un fondo de 430 millóns de euros para axudar ao sector primario e que, de forma inmediata, terán un impacto directo na nosa Comunidade”. Concretamente, o Goberno destinará 124 millóns aos produtores de leite de vaca. Os produtores recibirán unha axuda por animal que oscilará entre os 80 e os 210 euros en función do tamaño da explotación.