Foz, 30 de abril, 2022. Galiza non ten capacidade fiscal e normativa plena, polo que unha boa parte das actividades tributarias e dos impostos que pagan as galegas e galegos son de xestión estatal e corresponden a Axencia Estatal da Administración Tributaria. Ista Axencia Estatal ten unha oficina en Foz que da servizo a toda a Mariña. En toda Galiza, dende o ano 2000 sufrimos un recorte de persoal perdéndonse máis de 100 postos de traballo en toda Galiza, o que prexudicou a prestación de servizos. Tamén no noso Concello, cunha reducción de mais do 30% na delegación de Foz. Dende o BNG cremos necesario frear o desmantelamento das oficinas da AEAT en todo o territorio galego, mentres non se avance nas competencias da Axencia Tributaria Galega. A preocupación dos traballadores e traballadoras das delegacións é evidente.
Trátase dun servizo público que debe dar cobertura ás necesidades de información e xestión da cidadanía no ámbito tributario, que implica unha grande responsabilidade e complexidade para as persoas non expertas que conduce a que cada vez máis galegos e galegas delegan este tipo de tarefas en xestorías. En vísperas de iniciar en abril a campaña do IRPF, voltaremos a sufrir as eivas dun servizo tamén esencial po lo que solicitamos o apoio do pleno do Concello de Foz para Instar ao goberno central para que a administración da AEAT en Foz recupere, as traballadoras e traballadores do ano 2000 garantindo a atención presencial ao público para o asesoramento e servizos que presta. Ademais solicitarems que o pleno inste a Xunta de Galiza a trasladadar a súa disconformidade ao goberno central pola drástica redución de postos de traballo que sufriron as administracións da AEAT na Galiza e no entanto a tomar medidas para evitar a discriminación por fenda dixital, por idade e polo lugar de residencia, asumindo, a través da ATRIGA, máis competencias en materia tributaria.