Lugo, 28 de marzo de 2022. Os concellos precisan dispoñer canto antes de todos os recursos ao seu alcance para afrontar a difícil situación xerada polo incremento dos prezos da enerxía e a alta inflación. É este un momento, segundo destaca o portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, “de crise que se produce cando os concellos aínda intentan recuperase das dificultades provocadas pola covid”. Explica que “o Plan Único é a ferramenta más importante de cooperación da Deputación cos concellos lucenses”, polo que, ao seu xuízo, resulta inexplicable que o goberno provincial, “retrase a súa aprobación definitiva”.
Castiñeira sinala: “O ano pasado, a estas alturas, estaba aprobado definitivamente o Plan Único. Non sabemos porque no pleno ordinario que celebrará mañá a corporación provincial non vén á aprobación definitiva. Desta maneira, ademais de retrasar administrativamente moitos expedientes, increméntase a falta de confianza e a inseguridade xurídica de moitos concellos. Os concellos queren saber se os seus proxectos están aprobados ou non; esta situación crea inseguridade xurídica e tamén para posibles contratacións”.
Só sería explicable o retraso “se as razóns son para ampliar o Plan Único é acceder as peticións do Plan Único, para suplementalo para loitar contra a alta inflación e axudar aos concellos a pagar aos sobrecustos, ben vido sexa este retraso; senón é por iso pediremos explicacións ao equipo de goberno”.