A data de inicio para este curso está programada para o 16 de maio, e terá unha duración de 4 meses, rematando o 13 de setembro. As clases impartiranse en horario de 16H a 21H de luns a venres. A inscrición estase a tramitar na Oficina de Emprego de Burela e hai un total de 15 prazas. O curso está orientado a persoas en situación de desemprego pero poderase cubrir ata un máximo de 30% de persoas en activo. Para resolver calquera dúbida ou obter máis información sobre o curso, pódese acudir ao Concello de Cervo ou ben chamar ao 982 55 77 77.
O Concello de Cervo organiza un Curso gratuíto de Socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade
O Concello de Cervo organiza un Curso gratuíto de Socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade
Relacionado
-
O restaurante El Oviedo, de Ribadeo, celebrará o 14 de febreiro unha cea comentada por algúns dos mellores produtores alimentarios de Galicia
-
O CEIP Fondo Nois participou este luns na Carreira Solidaria contra a leucemia infantil en beneficio da Fundación “Uno entre Cien Mil”, dentro do Programa “La Vuelta al Cole”
-
Novo Guateque de Arruguiñas este sábado, 8 de febreiro