Santiago, 13 de marzo de 2022. O próximo 18 de marzo a curtametraxe estrearase en Miami, tras o éxito de público conquerido este sábado na estrea en Santiago.
Jakobsland proxectouse no marco da cidade da cultura onde o público asistente desfrutou desta historia vikinga ambientada na costa de O Vicedo.
A cinta nace coa vocación de potenciar unha parte pouco coñecida da historia de Galicia: as invasións normandas e o asentamento destes pobos en puntos como os Moutillós, no Vicedo.
Durante a estrea, o alcalde da vila mariñá convidou aos asistentes a difundir este Anaco de historia e a participar na romaxe vikinga que este ano se celebrará a fin de semana do 30 de xullo.
A valentía de facer cine
Os actores do reparto, Isabel Blanco, Serxio Pazos e Alfonso Agra destacaron a importancia de apostar pola cultura en tempos convulsos como os que vivimos. O propio director, Roque Cameselle, quixo poñer en valor o propósito de facer cine, “un acto de valentes”.
A estrea de Jakobsland supón o lanzamento dunha innovadora forma de financiamento, pois estamos ante a primeira curtametraxe galega que se cofinanciará a través da venda de Tokens de utilidade e NFT. Carlos Perez, o director financiero, convidou a todo o público a participar nesta iniciativa formando parte dun proxecto no jakobsland quere implicar a toda a comunidade.
Jakobsland é un proxecto audiovisual de Queiman e Pousa, dirixido por Roque Cameselle que narra Unha historia conmovedora: épica, emotiva, entretida e además, permite coñecer unha parte da nosa riqueza cultural bastante descoñecida e pouco tratada polo cine español.
Xira internacional
Miami será o punto de partida. A principios de abril presentarase oficialmente en O Vicedo. E dende alí a cinta viaxará a Chiapas (México) onde se visionará o día 27 de abril. De regreso a España, presentarase o 21 de maio en Madrid, o 26 en Barcelona e o 27 en Sabadell. No mes de outubro, o día 8, visionarase en Lleida e o 9 en Barcelona, coincidindo coas celebracións no exterior do San Froilán.
Reparto: Isabel Blanco, Alfonso Agra, Serxio Pazos, Bruxo Queiman, Andrea Pousa e a presencia de actores internacionais como Paul Kavanagh, actor de Vikings e de Xogo de Tronos e participante activo en máis dunha ocasión na Romaxe Viquinga; Tim O’Sullivan, actor de Xogo de Tonos e Viking Empire.
BREVE SINOPSE:
“Galicia, ano 968. Unha muller rescata a un normando malferido entre os restos dun naufraxio. A pesares das reticencias dos señores da cidade, dalle acubillo na súa casa. Ela non o sabe, pero o extranxeiro garda un segredo que pode salvar ao seu pobo”.
O patrocinador oficial é O Concello de O Vicedo. Tamén se conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Fundación Mondariz-Balneario, Red Mundo Atlántico, Concello de Mañón e de diferentes establecementos locais como Restaurante Casa Fanego, empresarios e institucións comprometidos coa cultura e coas raíces.