Burela, 5 de marzo, 2022. Coincidindo cos encontros dos equipos feminino e masculino de fútbol sala Pescados Rubén Burela FS, celebrados na tarde do sábado no pavillón Vista Alegre de Burela, membros da plataforma Vía Galega, distribuíron xornais e revistas gratuítos dentro da súa campaña Galiza, un pobo, unha selección. A actividade inscríbese na esixencia da creación de seleccións galegas e do dereito a competir en todas as disciplinas deportivas.
A campaña continuará coa recollida de sinaturas para a presentación dunha proposición non de lei e coa realización nas principais vilas da Mariña da exposición de paneis Galiza, un pobo, unha selección, apoiada pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da lingua da Deputación Provincial.