Alfoz, 4 de marzo, 2022. A Plataforma de Veciños Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica do Xistral organiza para o domingo, 13 de marzo, unha manifestación en contra do anteproxecto presentado no Ministerio pola empresa Atalaya Generación.
O acto reivindicativo percorrerá unha distancia 9km de dificultade media-baixa entre Vilacampa e Recaré, lugares onde irían instaladas as balsas superior e inferior.
O percorrido faráse máis ou menos por onde iría a tubaxe que uniría as dúas balsas segundo o anteproxecto, co fin de poder demostrar a magninitude do mesmo.
Haberá tres alternativas para facer este percorrido: andando, a cabalo ou en biclicleta.
Os que fagan o percorrido a pé ou a cabalo deberán estar ás 9:00h na igrexa de Recaré. Dende alí irán ata Vilacampa, onde se iniciará a marcha.
Os que decidan ir en bicicleta, deberán estar ás 9:00h no pavillón municipal de Ferreira, para iniciar dende alí a marcha.
Durante a manifestación, as persoas que así o desexen poderán deixar os seus fillos e fillas dende as 9:00h nunha ludoteca habilitada paraca a ocasión en Recaré.
Ó finaliar o percorrido, sobre as 13:00h, procederase a lectura dun manifesto na igrexa de Recaré para dar por finalizado o acto.
Dende a Plataforma agradecemos a colaboración que tivemos para poder organizar esta manifestación en contra da macrocentral hidroeléctrica.
Os que desexen quedar a comer, poden reservar nos seguintes restaurantes da zona que abren o domingo: