Ribadeo, 28 de febreiro de 2022. Tres membros de Apaga co presidente, Álvaro Doural, á cabeza participan en Italia ata o mércores, 2 de marzo, nunha reunión de traballo do programa Erasmus+ Formación de aprendices de calidade sostible, eficiente e socialmente inclusiva.
As xornadas de traballo teñen lugar durante as mañás (charlas, actualización da guía de aprendices das escolas asociadas, visitas a empresas, relato de experiencias de aprendices) no I.S.I.S Raimondo D’Aronco e polas tardes hai programadas tamén visitas culturais a Gemona do Friuli.
A este encontro asisten socios de Grecia, Turquía, Italia e España.