XOVE .- A concellería de Cultura de Xove programou para os meses de verán actividade de fitnes, ximnasia de mantemento e xogos infantís, que se desenvolven na aula deportiva do concello.
NOTA DE PRENSA
ACTIVIDADES VERÁN 2010 DE CULTURA
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, organizou unha serie de actividades lúdicas que se están a desenvolver durante os meses de xullo e agosto; de carácter totalmente gratuito, son impartidas pola Monitora Deportiva do Concello Estíbaliz Dayán.
As actividades que se están a desenvolver, son:
XOGOS INFANTÍS.- Dentro desta modalidade temos dous grupos, un infantil de 3 a 5 anos, que desenvolven as súas actividades os martes e xoves de 10:45 a 11:45 horas, e no cal participan 20 alumnos/as, e outro grupo de nenos/as de 1º a 3º de Primaria, formado por 10 alumnos/as que tamén realizan as actividades os martes e xoves de 11:45 a 12.45 horas.
Esta actividade comezou o 5 de xullo e vai rematar o 12 de agosto.
FITNES.- Nesta actividade, na que hai que ser maior de 18 anos para participar, temos 10 alumnos/as que realizan as súas actividades os luns e mércores de 10:15 a 11:15 horas.
Esta actividade comezou o 5 de xullo e vai rematar o 11 de agosto.
XIMNASIA DE MANTEMENTO.- Dirixido á poboación máis adulta (3ª idade), conta con 25 inscritos que desenvolven as súas actividades os luns ,mércores e venres de 11:30 A 12:30 HORAS.
Todas estas actividades desenvólvense na nova Aula Multideportiva do Concello.