Barreiros, 21 de febreiro de 2022. A asociación de Voluntariado de Protección Civil de Barreiros vén de renovar a súa directiva, incorporando cambios na presidencia, que pasa a ser asumida por José Fernando Dorrego González, que ata o momento era vicepresidente da mesma.
Ademais desta renovación, na asemblea realizada o pasado sábado decidiron informar publicamente de que calquera persoa que queira participar como voluntaria en dita asociación pode solicitalo dirixíndose á mesma, nas oficinas municipais, podendo acceder posteriormente aos cursos básicos que habilitarán para a participación nos operativos da agrupación.
Desde a agrupación lembran que a pertenza ao colectivo é totalmente voluntaria e non supón compromiso laboral de ningún tipo, senón que se trata “do instrumento que existe nos municipios máis pequenos para que a poboación poida colaborar de xeito voluntario en situacións de emerxencia, sempre baixo os mandos das autoridades municipais ou superiores na materia”.
A Xunta Directiva actual quedou composta por José Fernando Dorrego González, como presidente; Vicepresidente: Agustín Rodríguez Pérez; Secretaria: Ramona Rodríguez Pérez; Tesoureiro: David Quelle Pérez; vogais: Miguel Villarino Damorin, Lucas Ares Iglesias e Maximiliano Vilaseca Sánchez.
Con esta renovación da directiva, a agrupación pretende iniciar un novo tempo no que se incorporen persoas por primeira vez ao colectivo e se lle dea continuidade á labor que se leva facendo durante anos polo distinto voluntariado que pasou pola mesma.