Ribadeo, 19 de febreiro de 2022. A Xunta de Galicia destinou 64.500 euros a 10 clubs de Ribadeo para impulsar a reactivación da súa actividade logo das restricións impostas pola pandemia e facilitarlles a compra de equipamento.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou o Club de piragüismo Altruán, un dos beneficiarios, e explicou que dende o mes de xaneiro están en marcha novos programas de axudas para continuar colaborando co deporte de base. Neste sentido, subliñou que a Xunta reserva este ano 2 millóns de euros para as subvencións a clubs, un 4% máis que no 2021, e 700.000 euros para as subvencións para a adquisición de equipamentos.
No municipio tamén recibiron apoios na pasada convocatoria a Sociedade Deportiva Ribadeo, o Club de Atletismo, o Pádel Club, o Club de Baloncesto Ría de Ribadeo, o Ribadeo Fútbol Club, o Club de Remo, a Escola de Ximnasia Porta Norte, o Club Náutico e o Club Deportivo Cubelas Fútbol Sala.
Dende o Grupo Municipal popular de Ribadeo, trasladan as súas felicitacións ao club Altruam polos numeros éxitos que está a acadar e pola educación que aportan aos mozos e mozas ribadenses a través do deporte.
Daniel Vega, voceiro, apuntou que: “Continuaremos colaborando permanentemente con cada unha das entidades deportivas de Ribadeo. Polo tanto, seguiremos estando a súa disposición para asesorar e informar para que as distintas entidades podan solicitar subvencións da Xunta de Galicia as cales son moi importantes para poder sufragar os gastos derivados da súa actividade deportiva”.