Asistimos a unha batería de argumentos procedentes dos máis variopintos defensores do copago na sanidade pública, que aparecen de forma pausada día si e outro tamén nos medios de comunicación, sempre desde unha suposta e mentireira “imparcialidade”, pero que sempre acaban por propugnar de forma inxustificada a necesidade de repagar os servizos do sector público de saúde. Agora, quizais por efecto dos mundiais de fútbol e o “Vila marabilla” parece haberse declarado unha tregua ata, quizais, o próximo outono. Pero non nos confiemos: o copago forma parte do programa neoliberal e ademais, entra perfectamente na lóxica do axuste: porque supón un transvasamento de rendas regresivo.
Pero non acaba aquí o asunto, campo onde o copago verte o sua cizaña e crea inimigos inexistentes as persoas xubiladas e as que padecen enfermidades crónicas son obxectivo das falsas críticas, axudando a escudar e eludir responsabilidades á todopoderosa industria farmacéutica e á administración pública que non se atreve a facerlle fronte.
O copago supón, xa que logo, todo un despregamento de prepotencia coas persoas máis débiles baixo o suposto amparo de argumentos peregrins , e coa involuntaria complicidade dunha parte dos usuarios do sistema que sofren as ameazas de insostenibilidad, listas de espera abusivas e de parte do persoal médico absolutamente desbordado de traballo que caen na falsa solución do copago cando habería que ver se a súa carga de traballo non implica, como sucede moitas veces, que está facendo o traballo de dous profesionais.
O estado español está aínda moi por baixo do gasto sanitario medio dos países da UE e é absurdo falar de copagos (que de feito significan repagos) cando desde os Orzamentos queda moito treito aínda para alcanzar a media europea (por non falar da racionalización do gasto, contención das transferencias ao sector privado, etc.
Algúns pensamos, que, polo lado do gasto, a experiencia demostra que as privatizacións na saúde, os concertos co sector privado, a entrega ao sector farmacéutico, a non existencia ou deficiencias en investigación e formación desde o sector público, encarecen de xeito desmesurado e incontrolada o gasto sanitario, á vez que son responsables dunha peor atención sanitaria que chega, en moitos casos, a supor graves riscos para a saúde das persoas atendidas.
Por ultimo quero afirmar, , alto e claro, que a saúde é un dereito e non unha mercancía, e non podemos aceptar xa que logo medidas como o copago que van nun sentido totalmente distinto, pondo un prezo sesgado social e economicamente ao valor real do sistema público de saúde.
Otero Regal