Riotorto, 3 de febreiro de 2022. “O salón de plenos do Concello de Riotorto será o escenario, mañá venres día 4 ás 20:30 horas, dun espectáculo político moi lamentable e vergonzoso. Celebraremos o pleno ordinario do mes de febreiro cun só punto na orde do dia que é a aprobación da sesión da acta anterior, ademais dos rogos e preguntas que teñen que constar segundo indica a propia normativa”, denunciou José García.
“Dende o Grupo Socialista vimos denunciando sistematicamente a incapacidade política do Alcalde e do seu Goberno, tal e como queda retratado con esta orde do dia, cun só punto a tratar. Esta é a xestión do PP de Riotorto”, replicou o Voceiro Socialista.
García remarca que “nestes intres hai moitos asuntos que preocupan á veciñanza de Riotorto como por exemplo a futura ubicación da planta de residuos, as melloras do saneamento das nosas parroquias ou o destino de 238.089,60 euros que achega á Deputación de Lugo, a través do Plan Único para mellorar as nosas dotacións públicas. Pero tal e como comprobamos nesta convocatoria ordinaria, tanto o PP como o Alcalde de Riotorto non están para nada preocupados nin ocupados nos problemas da veciñanza”, criticou.
“Vamos a celebrar un pleno no que non vamos aprobar absolutamente nada, nin dar conta de ningún asunto relevante, nin o propio goberno presenta unha soa proposta ou iniciativa para ser debatida. Por iso xa anunciamos que vamos interpelar ao Alcalde co fin de poñer enriba as preocupacións da veciñanza. Temos un Concello completamente paralizado, e un Alcalde e un equipo de Goberno que é incapaz de presentar algunha proposta con viabilidade de futuro para a nosa vila”, dixo José García.