Nota de Prensa
Visita do Grupo Parlamentario Socialista á Mariña Lucense
OS SOCIALISTAS DIN QUE A MARIÑA LUCENSE “É UN FOCO DAS POLITICAS REGRESIVAS DO GOBERNO DE FEIJOO”
– O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga denunciou “o retraso manifesto na Vía de Capacidade da Costa Norte, o deterioro do Hospital da Costa, e a paralización das obras do Porto de Burela”
-Leiceaga anunciou que dende o Grupo Parlamentario Socialista “presentaremos as iniciativas que sexan precisas para que a Xunta axilice as axudas polas riadas”
-Mantiveron unha comida de traballo en Ribadeo, con tódolos alcaldes e portavoces da Mariña
Burela, 9 de xullo de 09. O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga acompañado dos deputados autonómicos lucenses do PSdeG-PSOE Ricardo Varela, Concepcion Burgo, Sonia Verdes, Jose Tome Roca e o deputado da Comarca Isamel Rego, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Burela, Alfredo Llano e os demais membros da corporación socialista.
O alcalde bureles agradeceu a visita , e puxo en coñecementos dos deputados as distintas problemáticas do Concello. Asegurou que as iniciativas socialistas impulsadas dende o Parlamento “amosan o interese do Grupo Socialista para solventar os problemas dos burelenses, e en definitiva os problemas de toda a comarca da Mariña de Lugo”.
O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga dixo que esta visita enmarcase dentro da axenda de contactos coas distintas comarcas de Galicia, e afirmou que a Comarca da Mariña de Lugo “esta nun lugar preferentes das nosas inquedanzas, tanto no tocante o terreo político como no tocante a dotación de servicios”, explicou.
Leiceaga denunciou “o retraso manifesto na Vía de Capacidade da Costa Norte”. Lembrou que nesta infraestructura, os dous tramos que hoxe están con actividade, foron licitados polo anterior executivo autonómico. E afirma que dende a chegada de Feijoo a Xunta houbo unha paralización desta infraestructura “non hai ningunha novidade nesta obra fundamental para vertebrar a Mariña cos focos de dinamismo de Ferrol e da provincia de A Coruña”, replicou.
Aludiu tamén ao Hospital da Costa . Dixo que “cada día que pasa asistimos a un deterioro do servicios hospitalarios como nos servicios de cardioloxía ou traumatoloxía. Subliñou que “hai unha centralización excesiva dos servicios hospitalarios”. Neste punto lembrou unha iniciativa do Grupo Socialista aprobada no Parlamento sobre o traslado das autopsias, e que “alertou” sobre esta situación. Engadiu en “hai que seguir insistindo en conseguir un Hospital integral para a Mariña de Lugo”.
Sobre o aceso e ampliación do Porto de Burela dixo que “estaban previstas estas obras”, e a día de hoxe “tampouco se sabe nada delas”. Relata que a realización destas infraestructuras “son fundamentais para que o peirao de atraque poida funcionar plenamente, e para que Burela poida ter un Porto deportivo á altura das súas posibilidades e con fin de que poida dinamizar o turismo náutico de toda a Mariña”. No que se refire ao aceso ao Porto lembrou que unha obra de competencia autonómica “que esta parada”, e advirte que coas recentes riadas quedou en malas condicións “que agora hai que solventar”.
Tamén se referiu ao saneamento e ao abastecemento de augas. Lamentou que falla por poñer en funcionamento a ETAP e no saneamento un proxecto de separativos de augas pluviais e residuais que xa fora presentado polo anterior Goberno autonómico “e hoxe esta anulado por Feijoo”, sentenciou.
Por último Fernández Leiceaga dixo que as axudas polas riadas que asolaron a Comarca “levan moito retraso”. Di que a Xunta decidiu ampliar o prazo para acceder as axudas pero advirte que no tocante as obras “levan un atraso moi importante e unha falla de axilidade que nos precoupa”. Por iso anunciou que dende o grupo Parlamentario “presentaremos as iniciativas que sexan precisas para que a Xunta tome cartas neste asunto” E insistiu “non parece moi sensato que se actúe deste xeito xa que este asunto é de máxima urxencia”, aseverou.
Mais de 60 iniciativas
Leiceaga entregoulle tamén ao Alcalde Alfredo Llano as mais de 60 iniciativas presentadas polo Grupo Parlamentario Socialista sobre Burela, no Parlamento.
Pola súa banda o deputado socialista da Mariña Ismael Rego criticou a folla de ruta de Feijoo na Mariña de Lugo. Criticou ás políticas “regresivas de Feijoo coa comarca”. E resumiu “ nin ao PP, nin a Feijoo se lle espera pola Mariña de Lugo, nin para dar boas nin malas noticias, porque a día de hoxe nin esta, nin se lle espera”. E resumiu “ o Goberno de Feijoo ten un cero en compromiso cos mariñaos”.
Axenda socialista
Xa ao mediodía o Grupo Parlamentario Socialista mantivo unha comida de traballo en Ribadeo, con tódolos alcaldes e portavoces da Mariña. Este encontro serviu para dar conta dos traballos que se desenrolan dende o Grupo Parlamentario Socialista. Teñen coma finalidade coñecer as demandas das agrupacións e alcaldías socialistas para poder facer propostas e iniciativas, dende o Hórreo, e encamiñadas a mellorar as súas demandas e inquedanzas.