Posteriormente desprazarase ata o Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) en Foz, onde presentará o Plan de Sostibilidade Turística da Mariña. Este acto contará coa asistencia da subdelegada do Goberno en Lugo, o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña e alcalde de Foz e o delegado territorial da Xunta en Lugo.