Burela, 10 de xaneiro, 2022. O Pescados Rubén Burela FS volve coarse, e con forza, nos FutsalPlanet Awards. A Familia Laranxa conta con 5 nomeamentos para 2021 na 22ª edición dos premios do portal especializado en fútbol sala.
A entidade burelista, recoñecida xa como Mellor Club Feminino en 2020, volverá optar ao recoñecemento. Tamén estará un ano máis a capitá laranxa, Peque, na categoría de Mellor Xogadora, nuns galardóns que tamén quixeron destacar o gran traballo de Jozi Oliveira, na lista de Mellor Porteira.
A estas tres candidaturas súmase a gran tempada de Emilly Marcondes en Torreblanca Melilla coa súa continuidade na Mariña, para compartir a lista das mellores con Peque, e o exitoso traballo á fronte das Guerreiras Laranxas de Julio Delgado, actual adestrador do Rodiles Sport asturiano.
Coñece a todos os nomeados nas diferentes categorías. LIGAZÓN