Viveiro, 07 de xaneiro de 2022. O grupo municipal do PP toma de novo a iniciativa en defensa do patrimonio de Viveiro. Nesta ocasión presentará unha proposta ao pleno para demandar do goberno local máis atención e esforzo na conservación e limpeza do obús procedente da fragata Santa María Magdalena, afundida en 1810, “antes de que se converta nunha xigantesca papeleira de bronce de más de tonelada e cuarto”. Neste caso a iniciativa leva a firma do concelleiro Javier Teijeiro, que lembra a necesidade de crear o museo ou centro de interpretación da navegación na ría de Viveiro, do que, segundo os populares, deberán de formar parte o obús e o astrolabio, procedente do mesmo pecio, xunto con outras moitas pezas.
O concelleiro popular lembra que na noite do 2 ao 3 de novembro de 1810 afundíronse na ría de Viveiro o bergantín Palomo, a fragata Santa María Magdalena e outras embarcacións menores. Teijeiro explica: “A pesar dos danos que sufriu a nave, o pecio da Magdalena é un dos máis antigos e espectaculares de España. A madeira consérvase en bo estado, e resulta sorprendente, non só porque transcorresen xa máis de dous séculos desde a súa construción, senón porque a fragata permaneceu enterrada baixo a auga durante máis de 165 anos”. Recentemente foi achado un astrolabio único no mundo, pero non é a única peza relevante. É o caso do obús de bronce que está exposto nos xardíns de Noriega Varela.
O PP, que ten por portavoz a Óscar Rodríguez, destaca que solo hai tres obuses como o que se mostra en Viveiro; a algún deles fáltalle un asa, pero este atópase en perfectas condiciones. É, polo tanto, una parte relevante do patrimonio histórico de Viveiro, e como tal debe ser tratado. A falta de atención por parte do Concello, fai que o obús sexa inxusfiticablemente utilizado por algunhas persoas como papeleira. Os populares queren que o goberno local adopte as medidas precisas para disuadir do mal uso desta peza histórica, así como para a súa limpeza frecuente.