LUGO .- Veciños do Incio, As Nogais e Lugo participarán no programa de visitas medioambientais promovido pola Deputación co programa KmO. Multiaventura e tirolina son as actividades de Xtreme que practicarán medio cento de persoas
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA
A Mariña, A Ribera Sacra e a modalidade Xtreme, protagonistas esta semana en Km0
– Veciños do Incio, As Nogais e Lugo participarán no programa de visitas medioambientais promovido pola Deputación
– Multiaventura e tirolina son as actividades de Xtreme que practicarán medio cento de persoas
Veciños do Incio, As Nogais e Lugo coñecerán mellor a provincia grazas ó programa de visitas medioambientais Km0 que promove a Deputación. Esta semana as protagonistas son A Mariña, A Ribeira Sacra e a modalidade Xtreme, con actividades de Multiaventura e Tirolina.
Na xornada de hoxe, dous grupos foron recibidos no Pazo de San Marcos dentro do programa medioambiental. Un deles, formado por membros da Asociación de Veciños de Barbarín de Noceda, do Concello do Incio, elexiu a ruta do Viveiro histórico. Ademais de dar un paseo polo centro da cidade, visitaron a igrexa de Santa María do Campo, o Monte de San Roque, a praia de Covas e un obradoiro de cerámica. O segundo grupo, da Asociación Cultural Abrente das Nogais, coñeceron os petroglifos e a igrexa de Proendos, en Sober, e degustaron viños da Ribeira Sacra en varias adegas da zona.
O mércores, Xtreme
Mañá será o día de Xtreme con dúas das 14 actividades incluídas nesta modalidade de Km0: multiaventura e tirolina. No primeiro caso, 24 veciños de Lugo, con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos, visitarán a área de Pena de Rodas, en Outeiro de Rei, e practicarán tiro con arco, canoa e rastrexo, unha das actividades máis demandadas, xunto coas viaxes en helicóptero e as rutas a cabalo. En canto á tirolina, un grupo formado por solicitantes individuais disfrutarán deste deporte logo de visitar o Centro de Interpretación do Río Miño e Castro Riberas de Lea.
Por último, o xoves o destino de Km0 será a ría de Ribadeo. Ata a Mariña desprazaranse un grupo da Asociación Veciñal e Cultural “Terras do Incio” e outro do taller de pintura do Concello de Lugo. En ambos os dous casos, darán un paseo polo casco histórico e farán unha viaxe en barco pola ría. Esta ruta completarase cunha visita á oleiría de Bonxe.