Os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, de 17:00h a 19:00h na Biblioteca Pública de Alfoz, levaranse a cabo actividades de lecer dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas. É necesaria inscrición previa que se entregará na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz a partir do 16 de decembro ata o 24 ou ata cubrir o total de prazas dispoñibles. O primeiro día, luns 27 participarán na actividade de elaboración de xabón e coñecemento dos lavadoiros públicos organizada pola AAVV San Mamede das Oiras, o resto dos días na Biblioteca terán obradoiros creativos, xogos, animación á lectura, etc.Máis información no tfno. 982 558 001 (ext. 2)
Programación de Nadal do Concello de Alfoz para nenas e nenos de 3 a 12 anos
Programación de Nadal do Concello de Alfoz para nenas e nenos de 3 a 12 anos
Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)

Unha obra de Lionel Rexes finalista no Premio “Vilar Ponte” de Viveiro