Esta vez a fotografía é dun pazo urbano, o de Guimaráns, cedida polo Concello. Acompáñano unhas palabras do escritor Otero Pedraio. Estará á disposición se quen o quixer nunha serie de comercios ribadenses que teñen un bon trato co noso idioma: Deportes Docobo, Pastelaría Pan de Limón, Xoiería San Roque, Gráficas Santiago, Clip graf, Picarolas, Volvoreta, Consentidiño, Na punta do pé, Floristaría Maribel, bar Xanelas, Perruquería Isa, Pastelaría A Candelaria, Manteleiro, Pequerrechos e La Moda Sport. Desde a asociación desexan unhas felices festas e unha boa entrada no novo ano.