Madrid, 14 de decembro de 2021. Na reunión da Mesa Multilateral de Alcoa celebrada hoxe de maneira telemática, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo esixiu á empresa que presente garantias dos investimentos anunciados dentro do plan de viabilidade que Alcoa presentou para manter a planta de aluminio de San Cibrao, ben a través de coberturas bancarias ou con avais. Estas garantías son necesarias para dar confianza e seguridade ao proceso de reindustrialización da factoría. Tamén pediu garantías para a subministración de aluminio aos clientes que actualmente ten a empresa e que se teña en conta a toda a cadea de valor do alumino na toma de decisións.
O Ministerio expresou a súa disposición para participar no proceso de negociación para garantir o futuro da planta no formato que se aprobe por parte de Alcoa e o seu comité de empresa.
Tamén reiterou que o Goberno poñerá ao dispor do proceso todos os instrumentos de politica industrial e enerxética para facer que a plan de San Cibrao sexa competitiva e poidan modernizarse as súas instalacións.
Para o Ministerio de Industria é fundamental que o proceso de negociación continúe para garantir o futuro do complexo industrial da Mariña.