O BNG de Viveiro lamenta comunicar a cancelación do evento debido á públicación no DOG de hoxe da sede da Consellería de Sanidade que modifica as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19. Esta dispón que: “Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé», tendo efecto desde as 00.00 horas do 18 de decembro de 2021. É por iso que se adía a celebración, até que a situación epidemiolóxica sexa máis favorábel e as persoas asistentes poidan festexar a ocasión con normalidade.
Adiada a inauguración da nova sede do BNG de Viveiro até que a situación sanitaria sexa máis favorábel
Adiada a inauguración da nova sede do BNG de Viveiro até que a situación sanitaria sexa máis favorábel
Relacionado
-
Os sindicatos convocan unha protesta en Celeiro para esixir mellores condicións na inspección pesqueira
-
Loureiro destaca “a capacidade do Porto de Celeiro para facer fronte aos problemas e os cambios do sector pesqueiro”
-
Villares defende en Viveiro maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co reino unido debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega