Mondoñedo, 11 de decembro, 2021. Ven de reunirse o xurado designado polo Excmo. Concello de Mondoñedo para valorar as fotografías presentadas ao VI Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” e, da súa xuntanza, derivouse a seguinte terna de gañadores:
1º Premio para D. Miguel Rubal Oubiña
2º Premio para Dna. Lucía López
3ª Premio para D. Manuel Buján Peón
Para o concurso do presente ano presentáronse 23 fotos das que, ademais da terna de gañadores, extractáronse outras 10 fotos máis, por orde por orde de valoración, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2022.
A entrega de premios, que terá lugar nos vindeiros días, coincidirá coa presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo.
Concello e xurado agradecen a participación cidadá neste concurso e emprazan á veciñanza para o concurso do vindeiro ano.
O xurado estaba composto por:
Presidente – D. Alberto García – Concelleiro de Cultura. Con voz e voto.
Vogal – Dna. María Patricia Otero – Concelleira Camiño Norte. Con voz e voto
Vogal – Dna. Pepa Losada – Fotógrafa de La Voz de Galicia. Con voz e voto
Vogal – D. José Álvez – Fotógrafo de El Progreso. Con voz e voto.
Vogal – D. Gil Ares – Persoal do Concello de Mondoñedo. Con voz e voto
Secretario – D. Abel Vigo – Persoal do Concello de Mondoñedo. Con voz sen voto.