Ribadeo, 3 de decembro, 2021. Están a rematar as obras no Barrio de San Miguel e máis da Rúa Antonio Rodríguez Darriba. Nestes días estase a botar o aglomerado asfáltico logo dos traballos preparatorios e de acondicionamento previos que estivo a facer a empresa Deymet, que é a adxudicataria destas obras tan necesarias e que ascenden a uns 46.000€.
De feito, neste barrio hai moitos anos que non houbo ningunha actuación de mellora. Agora, só queda pendente a execución da sinalización vertical, horizontal e a colocación de varias árbores nesta contorna.
Estas obras son importantes, tanto para a veciñanza como para os visitantes, xa que se trata dunha importante zona de paso cara ao Cargadeiro, a estrada do Faro e tamén para o porto. Todo isto é unha parte do barrio, polo que para o ano continuarase na parte pendente.