Lugo, 29 de novembro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo este luns un encontro co Secretario Xeral para o Reto Demográfico do Goberno de España, Francesc Boya, no Centro de Atención a Maiores de Castroverde co fin de mostrarlle in situ o modelo asistencial ás persoas maiores que a institución provincial ten implantado en colaboración cos concellos como unha “verdadeira medida de apoio ao rural, unha acción real para fixar poboación nas nosas aldeas e pobos e, polo tanto, unha iniciativa eficaz para afrontar o reto demográfico”.
José Tomé acompañou a Francesc Boya nunha visita á residencia de Castroverde na que a xefa do servizo provincial de Benestar e a directora do centro explicaron os principais elementos direferenciais da rede asistencial da Deputación durante un percorrido polas dependencias, no que tamén participaron o Alcalde de Castroverde e Deputado de Cooperación cos Concellos, Xosé María Arias, o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
Ademais do persoal sociosanitario e de prestación de servizos básicos do centro e dos propios residentes, na visita estiveron representantes de empresas provedoras da zona que se ven beneficiadas polo funcionamento desta dotación social, como unha panadería, unha carnicería e unha tenda de alimentación.
O Presidente subliñou que na Deputación de Lugo “convertemos unha situación adversa, como é a alta taxa de envellecemento da provincia, nunha oportunidade de desenvolvemento sostible, grazas a un modelo asistencial ás persoas maiores que garante o benestar e tranquilidade dos residentes e das súas familias, favorece o arraigo, e crea emprego e actividade económica”.
Benestar, arraigo e emprego
Con respecto ó benestar e tranquilidade dos usuarios e as súas familias, José Tomé explicou que este obxectivo é posible porque o modelo de xestión provincial é 100% público, polo que pon ás persoas no centro da atención. “O noso único obxectivo é ofrecer os mellores coidados ós maiores. Aquí non existe, nin se busca, ningunha rendibilidade económica, só social. As nosas residencias son fogares, onde os maiores forman novas familias”, explicou o Presidente.
Así mesmo, lembrou, “a atención é prácticamente personalizada. Son centros cunhas instalacións moi confortables e plenamente adaptadas ás necesidades dos maiores, e son pequenos, con prazas para unha media de 30 personas por residencia, que son atendidas por 25 traballadores e traballadoras, polo que a ratio é de case un empregado por residente”.
O modelo asistencial da Deputación, recalcou o mandatario provincial, “favorece o arraigo dos maiores no seu entorno”. Por un lado, explicou, “porque os veciños e as veciñas do municipio e da comarca donde se asentan os centros teñen prioridade no acceso ás prazas, co que teñen a oportunidade de recibir os coidados que necesitan no lugar no que pasaron toda a súa vida, xunto á súa familia, amizades e veciños”. Por outro lado, as residencias provinciais están en concellos rurais “e atópanse plenamente integradas nos pobos nos que están situadas, ó lado de servizos básicos e de comercios e hostalería, polo que os residentes comparten o seu día a día cos seus veciños e veciñas”, afirmou o Presidente.
O Secretario Xeral para o Reto Demográfico sinalou que na súa visita a este Centro de Atención a Maiores de Castroverde aprendeu “como se pode desenvolver un modelo de atención ás persoas maiores poñendo no centro a dignidade, o cariño e os coidados” e avanzou que a provincia “ten todo o compromiso do Goberno para traballar codo con codo en revertir o problema do despoboamento do rural”.
En canto á actividade económica, José Tomé subliñou que con cada centro de maiores “estamos creando 25 postos de traballo directos no rural, un emprego de calidade e sostenible”. De feito, lembrou, coas 7 residencias provinciais hoxe, en Castroverde, Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro e Meira, a Deputación mantén 200 empregos directos, o 95% deles ocupados por mujeres.
A isto hai que sumar o emprego indirecto e o retorno económico que o funcionamiento dos centros ten para a zona na que están situadas as residencias, pois “a gran maioría dos provedores dos servicios e os produtos que se necesitan son do municipio ou da comarca”, detallou o Presidente.
Modelo revalidado coa chegada da pandemia
O mandatario provincial incidiu en que o modelo asistencial da Deputación aos maiores, “que xa levabamos tempo aplicando, viuse revalidado coa chegada da pandemia”. “Mentras noutras partes da provincia, de Galicia e do resto de España vimos durante os meses máis duros da pandemia situacións realmente demoledoras, nos nosos centros mantivemos sempre o benestar, a saúde e a tranquilidade do residentes e das súas familias, e, en todo ese tempo, só houbo un caso de Covid confirmado”.
Neste sentido, o Presidente lembrou que el mesmo lle ofreceu en varias ocasión á Xunta de Galicia a experiencia da Deputación, tendéndolle a man para amosarlle como funcionan as residencias provinciais, agora que a Administración autonómica di que está buscando un novo modelo. “De momento”, sinalou, “non tivemos resposta, pero o certo é que o noso modelo está xerando interese dentro e fóra de Galicia”, como demostra a propia visita do Secretario Xeral para o Reto Demográfico. Ademais, a Deputación xa participou en dúas ocasións na Semana Europea das Rexións e Cidades, o maior evento de política rexional da Unión Europea, para expoñer o seu modelo.
Colaboración co Goberno central
Desta forma, José Tomé trasladou a “máxima disposición” da Deputación “a colaborar co Goberno de España “para afrontar o reto demográfico, porque accións coma esta, concretas e cunha eficacia contrastada, son as que realmente contribúen a paliar a grave perda de poboación que estamos sufrindo en Galicia e noutras rexións do noso país. O noso modelo de atención ás personas maiores é unha medida real e eficaz para afrontar o reto demográfico”, concluíu.