A Mariña, xoves 24 novembro 2021. Dentro do proceso da XVII Asemblea Nacional, o BNG vén de conformar a nova dirección na Mariña. A asemblea comarcal escolleu na tarde de ontes xs militantes que formarán parte da executiva e do consello comarcal. O cargo de responsable comarcal recae en Antonio Veiga Outeiro, sendo Pilar Vázquez Sánchez, de Xove, a vice-responsable, seguidos de Mario Pillado Mon, Miriam Bermúdez García, Daniel Castro García, Mónica Freire Rancaño, Xorxe Caldeiro Díaz, Montserrat Porteiro Sánchez e Ana Ermida Igrexas. O consello comarcal complétase con representantes de todas as localidades. A proposta de nova dirección formulada polo consello comarcal saínte foi aprobada por unanimidade pola asemblea comarcal.
Intervención de Alcoa. Vestas Solución. Plan de Industrialización e Reactivación Económica
Desde o BNG márcanse como obxectivo inmediato o traballo diario cóbado a cóbado coas traballadoras e traballadores mariñaos e o conxunto da sociedade, na liña en que viñeron facendo ata o de agora, polo Futuro da Mariña e insisten na necesidade da intervención de Alcoa, solución para a plantilla de Vestas e un Plan de Industrialización e Reactivación Económica que entre outras cousas inclúa un Plan Interinstitucional (tenen que implicarse conxuntamente goberno central e xunta) de Inversión en Infraestruturas xerais estratéxicas, xeradoras de emprego (transporte, autovía, vía de alta capacidade, solo industrial, medio ambiente….) e que evite o desequilibrio territorial consecuencia de anos de desigualdade que sufre A Mariña a respecto doutros territorios. “Unha comarca, a nosa, donde os investimentos da Xunta e do Estado nunca foron directamente proporcionais aos nosos recursos, ás nosas potencialidades e ao noso traballo, e donde os sectores produtivos agrogandeiro e pesqueiro sufriron e sufren tamén as consecuencias de anos de abandono por parte do Estado e da Xunta” afirmaron desde o BNG.
A Mariña contará con catro representantes na dirección nacional do BNG
A representación mariñá na direccion nacional estará composta por Ana Ermida Igrexas, Daniel Castro García, Antonio Veiga Outeiro e Pilar Vázquez Sánchez. A asemblea valorou moi positivamente o traballo e o compromiso coa Mariña que están amosando tanto desde a dirección coma desde os cargos nas diferentes institucións.