A Mariña, 23 de novembro, 2021. Co gallo da celebración do 25 Novembro, día internacional contra a eliminación da violencia contra a muller, o Observatorio da Mariña pola Igualdade fai un chamamento á cidadanía mariñá para asistir á concentración que terá lugar o xoves 25 novembro ás 20.00h. na Praza dos Campos (San Cibrao-Cervo), onde se poderá presenciar unha impáctante performace do colectivo artístico LAG, que ten por fin a reflexión sobre as múltiples violencias que sófremos as mulleres.
Finalizarase o acto coa lectura do manifesto por parte das compañeiras de galegas8M San Cibrao. Cumpriranse todas as medidas vixentes antiCovid
Por outra banda, do 23 ao 25 novembro, dentro da programación 25N o Observatorio achegará, aos escolares do IES Monte Castelo e IES Perdouro, o obradoiro de escritura creativa: A importancia de reescribirse, conducido por Artemisa Semedo, muller caboverdiana, galega e burelá, poeta e cofundadora de Afrogalegas. “Un obradoiro que ten a escritura como ferramenta de sanación, como axuda á definición como persoas diversas e únicas” afirma Artemisa”.