Ademais da venda e exposición de mel e produtos de temporada, esta cita contou con actividades destinadas a todos os públicos entre as que destacaron as charlas, o magosto e unha demostración de cociña. A institución provincial axuda a través do Servizo de Audiovisuais á difusión deste evento, que reuniu na parroquia de Viveiró a unha vintena de expositores. Os responsables provinciais visitaron ao mediodía o recinto feiral acompañados polo tenente de Alcalde da localidade, Mario Rouco, e outros membros da Corporación municipal.